Subvención promoción emprego autónomo de mozos/as inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil

O pasado 4 de agosto vén de publicarse no DOGA unha serie de subvencións e axudas desenvoltas no marco do Fondo Social Europeo 2014-2020 e o programa operativo de emprego xuvenil para o mesmo periodo co obxectivo de loitar contra o desemprego de persoas novas. Tres son os programas que se aproban con esta orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

  1. PROGRAMA I: Promoción do emprego autónomo de persoas mozas en Garantía Xuvenil
  2. PROGRAMA II: Incentivos a empresas e empregadores para a contratación indefinida ou formación de mozos/as inscritos en Garantía Xuvenil.
  3. PROGRAMA II:  Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e inserción profesional dos mozos/as inscritos en Garantía Xuvenil

Desenrolaremos aquí o Programa I e nos vindeiros días os dous restantes:

PROGRAMA I
PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DE PERSOAS MOZAS EN GARANTÍA XUVENIL

Este programa ten como finalidade promover e axudar a financiar proxectos empresariais económica e financieiramente viables para a creación do propio posto de traballo de mozos/as inscritos en Garantía Xuvenil.

Subvencionaranse aqueles autonomos/as que se desen de alta na Seguridade Social (ou mutualidade profesional) entre as datas 01 de outubro do 2016 e 30 de setembro do 2017.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Persoas inscritas no Programa de Garantía Xuvenil (+ información).
  2. Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a súa alta no IAE).
  3. Non ter traballado no día anterior ao inicio da súa actividade como autónomo.
  4. Ter solicitada a súa alta como autónomo na Seguridade Social (ou mutua profesional) antes de presentar a solicitude desta subvención.
  5. A data da alta como autónomo dede ser realizada entre o 01/10/2016 e o 30/09/2017.
  6. Non haber recibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción de emprego autónomo nos tres anos anteriores ao inicio da nova actividade.
  7. Non haber desenrolado a mesma ou similar actividade como autónomo nos seis meses anteriores ao inicio da nova actividade.
  8. Non haber estado de alta como autónomo ou mutua profesional, en calquer actividade, nos tres meses anteriores ao inicio da nova actividade.

Tamén se poden beneficiar aqueles autónomos que formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís e quedan excluídos do programa as persoas socias de entidades mercantís, cooperativas e sociedades laborais.

IMPORTE DA SUBVENCIÓN:

  • 4.000 € en xeral.
  • Incrementaráse 1.000 € nos seguintes casos de xeito acumulativo:
    • Para mulleres
    • Para discapacitados.
    • Para os que teñan centro de traballo ou domicilio fiscal en zonas rurais.
    • Para os que pertenzan a unha unidade familiar en que tódolos membros están desempregados.

É dicir, acumulando tódolos incrementos podería chegar a 8.000 € de máximo. Por exemplo: muller cun 33% de discapacidade que teña o seu centro de traballo en municipio rural, serían 7.000 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Ata o 30 de setembro do 2017.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

  • Manter a actividade subvencionada por un mínimo de dous anos.
  • Presentar, no prazo máximo de catro semanas, os indicadores de resultado inmediatos segundo anexo I e II do Regulamento (UE) 1304/2013.
  • Xustificar o cumprimento dos requisitos e realización da actividade e facilitar información necesaria relativa ao desenvolvemento da mesma.
  • Manter unha pista de auditoría suficiente, conservar e garantir o almacenamento e seguridade dos documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos por tres anos.
  • Dar publicidade ao financiamento público con un cartel tamaño A3 exposto en un lugar visible do centro de traballo. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dunha.
  • Manter a forma xurídica escollida durante ao menos un ano dende que se lle conceda a subvención.

COMO SOLICITAR A SUBVENCIÓN

En Eurogabinete estudiamos o teu caso particular para asegurarnos que poidas resultar benefiario, presentamos a solicitude por ti para que ti só te preocupes de facer funcionar o teu negocio.

 

Outras subvencións activas: