Subvención Bono Autónomo 2017

Ao amparo da Estratexia do emprego autónomo 2017-2020 e dentro da Axenda 20 para o emprego da Xunta de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar a orde que establece as bases reguladoras do Programa Bono para persoas autónomas dotado con un orzamento de tres millóns de euros.

O obxectivo é axudar a cimentar a consolidación de proxectos que xa superaron os tres primeiros anos de vida realizando achegas para contribuir á súa mellora competitiva.

Datas relevantes:

  • Publicación da orde: 31/07/2017
  • Inicio admisión de solicitudes: 01/08/2017
  • Fin admisión de solicitudes: 31/08/2017

Beneficiarios:

Deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser traballadores/as autónomos/as
  • Residencia fiscal en Galicia.
  • Antigüidade de máis de 42 meses na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional
  • Rendemento neto reducido de actividades económicas/profesionais en IRPF menor de 30.000 € no ano anterior.
  • Facturación mínima anual de 12.000 € no ano anterior.

Finalidade das axudas:

A axuda debe estar destinada a sufragar os gastos nos seguintes servizos:

  • Profesionalización: optimización de procesos de produción e cadea loxistica, procura de finanzamento, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
  • Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, marketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.
  • Calquer outro servizo ou actividade que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.

Subvencionaranse os gastos realizados dende o día seguinte ao da publicación desta orde (01/08/2017) e durante o periodo subvencionable, efectivamente xustificados, en todo caso, ata o 20 de decembro do corrente.

Cuantía:

Ata 3.000 euros.

Como solicitar la subvención:

En Eurogabinete estudiamos o teu caso en particular para asegurarnos de que tes dereito á axuda, solicitámola e xustificámola por ti.

Bases de 

Documento completo en DOG nº 144 do 31 de xullo do 2017