Quen sómos


Poida que non nos coñezas, ou que mesmo o noso nome non che soe, con todo, levamos máis de 30 anos dando soporte xurídico e fiscal a numerosas empresas da Coruña.

Todo empezou no ano 1988 cando un equipo de avogados, economistas e asociados externos especializados en dereito Mercantil e Tributario decidiron axuntar os seus esforzos e crear unha firma multidisciplinar coa misión de prestar un asesoramento integral ás pequenas e medianas empresas.

Desde os seus inicios apostouse por un asesoramento preventivo, como investimento en seguridade e tranquilidade e como garantía de boas prácticas e solvencia económica decidiuse dotar á firmade unha estrutura societaria e así naceu eurogabiente s.a. moito antes de que o euro fose adoptado como a nosa moeda oficial.

Hoxe de novo, e sen perder de vista a visión de asesoramento preventivo e integral que como hai máis de 3 décadas vimos prestando no campo do dereito da empresa,
reconvertémonos e adaptamonos ós tempos no medio do gran desafío da transformación dixital.

Agora, nunha contorna volátil, incerta, complexa e ambigua, no que a crise sanitaria mundial obrigounos a todos a botar o freo, os mesmos valores que desde os nosos inicios guiaron nosa práctica séguennos inspirando, porque agora máis que nunca QUEREMOS ESTAR AO TEU LADO, e asesorar ás pequenas e medianas empresas.